martes, 21 de abril de 2026

Atópate na biblioteca “viva”

 Dentro da programación da XIII edición do Festival do Libro, hoxe tivemos a sorte de gozar dunha actividade moi especial levada a cabo polo alumnado de 3º e 4º da ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía.


Baixo o título “Atópate na biblioteca viva”, o alumnado converteuse en auténticos “libros de ciencias” vivos. Organizados por grupos, seleccionaron diferentes temas de interese e elaboraron materiais cos que explicar, dun xeito claro e atractivo, as ideas básicas de cada un deles.













Entre os temas traballados atopamos:


  • O corazón
  • O esqueleto
  • O sistema solar
  • A túa dieta
  • O ollo
  • A sangue
  • As bacterias
  • Os fósiles
  • As hormonas
  • O cerebro


O resultado foi unha pequena exposición na que compartiron o seu coñecemento co alumnado doutros cursos, fomentando así a aprendizaxe colaborativa e a divulgación científica. Foi unha experiencia enriquecedora tanto para quen explicaba como para quen escoitaba, demostrando que aprender tamén pode ser dinámico, creativo e moi participativo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Rolda, atopa a resposta: Xogando coas linguas

  O  alumnado dos tres primeiros cursos de Educación Primaria presenta o proxecto “Rolda, Atopa Resposta” , unha proposta na que investigaro...