Mostrando entradas con la etiqueta primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primaria. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2026

Rolda, atopa a resposta: Xogando coas linguas

 alumnado dos tres primeiros cursos de Educación Primaria presenta o proxecto “Rolda, Atopa Resposta”, unha proposta na que investigaron palabras e expresións, establecendo relacións entre as linguas cooficiais.




A través desta experiencia, descubriron conexións sorprendentes entre as linguas, enriquecendo o seu coñecemento dun xeito lúdico e creativo, ao tempo que desenvolveron a súa curiosidade polo mundo que os rodea.

Como peche do proxecto, elaboraron un expositor único no que amosan todo o traballo realizado, reflexo do seu esforzo, aprendizaxe e ilusión.

Parabéns a todo o alumnado polo seu entusiasmo e pola calidade do traballo presentado! 


Galería Musical

 No marco da materia de música, cada curso de primaria emprendeu unha pequena viaxe no tempo para coñecer a un gran compositor clásico. Non só escoitaron a súa música, senón que tamén lle puxeron rostro: investigaron a súa vida, imaxinaron a súa personalidade e plasmaron todo iso en retratos cheos de cor e creatividade.









O resultado foi unha auténtica “galería musical” no centro, onde cada obra visual ía acompañada da súa propia banda sonora. Para completalo, o alumnado creou unha lista de Spotify coas pezas máis representativas de cada compositor, convertendo a aprendizaxe nunha experiencia que se pode ver… e tamén escoitar.

Unha actividade que uniu arte, historia e emoción, demostrando que a música clásica segue moi viva cando se descobre con curiosidade e entusiasmo.


miércoles, 22 de abril de 2026

La Historia Interminable

Queremos compartir convosco o resultado dun fermoso proxecto no que o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria estivo traballando durante as últimas semanas.










Como podedes ver nas imaxes, o noso gran mural do Día do Libro rende homenaxe a unha historia que nos conquistou desde o primeiro momento: A historia interminable.

A través deste mural, quixemos plasmar a esencia da viaxe de Bastian e Atreyu, recreando as paisaxes e os personaxes que fomos descubrindo ao longo do camiño. Cada detalle reflicte o traballo, a creatividade e a ilusión do alumnado, que soubo mergullarse nesta aventura única.

Encántanos ver como fixeron súa esta historia tan especial. Convidámosvos a deterdesvos en cada recuncho do mural e a gozar do resultado dun traballo feito con moito agarimo e cheo de todas esas aventuras que vivimos entre páxinas.

 

viernes, 17 de abril de 2026

Rolda, atopa a resposta

 O alumnado dos tres primeiros cursos de Primaria está a desenvolver o proxecto “Rolda, Atopa Resposta”, unha proposta na que exploran palabras e expresións relacionando as linguas cooficiais. A través desta actividade, están a descubrir conexións sorprendentes entre as linguas e a enriquecer o seu coñecemento lingüístico dun xeito lúdico e creativo.

Como parte do proxecto, están a preparar un expositor moi especial no que amosarán todo o traballo realizado!"





Bookface para o festival

 Encántanos o Bookface do alumnado para esta edición!

Non deixes de velo!



Rolda, atopa a resposta: Xogando coas linguas

  O  alumnado dos tres primeiros cursos de Educación Primaria presenta o proxecto “Rolda, Atopa Resposta” , unha proposta na que investigaro...