miércoles, 22 de abril de 2026

Sesión de contacontos Erasmus

 Hoxe o noso alumnado da ESO viviu unha experiencia marabillosa participando nunha acción de contacontos enmarcada dentro do Festival do Libro e tamén no noso proxecto Erasmus.

Compartiron historias, poesía e moita ilusión cos máis pequenos de Infantil, achegándolles a maxia da lectura en diferentes linguas. Ademais, léronlles o conto de A ratiña presumida en portugués, o que resultou ser todo un éxito.












Foi unha experiencia preciosa que demostra o valor de aprender compartindo.

Queremos felicitar e agradecer a todo este alumnado pola súa implicación, o seu cariño e o seu entusiasmo ao longo desta actividade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Rolda, atopa a resposta: Xogando coas linguas

  O  alumnado dos tres primeiros cursos de Educación Primaria presenta o proxecto “Rolda, Atopa Resposta” , unha proposta na que investigaro...