Esta mañá tivo lugar unha fermosa sesión de contacontos dirixida ao alumnado de Educación Infantil, a cargo de Oti, unha persoa xa moi querida no noso colexio.
A actividade foi fantástica e moi divertida, chea de imaxinación, risas e momentos que fixeron voar a creatividade dos máis pequenos. Oti conseguiu captar a súa atención desde o primeiro momento, creando unha atmosfera máxica na que as historias cobraron vida.
Queremos agradecerlle de corazón a Oti esta sesión tan especial, que sen dúbida quedará no recordo do noso alumnado.










No hay comentarios:
Publicar un comentario