Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2026

Entre páxinas e emocións

Entre páxinas e emocións é unha proposta desenvolvida no marco do XVIII Festival do Libro co obxectivo de achegar o alumnado ao coñecemento, comprensión e expresión das emocións. Para iso, combínanse a lectura, a reflexión compartida e a creación artística, dando lugar a unha experiencia educativa rica e significativa.












O proxecto foi impulsado polo Departamento de Orientación, a mestra de Pedagoxía Terapéutica (PT)da aula de Unidade de Educación Especial (UEE) e o profesor de EPVA de 3º da ESO, integrándose nesta materia como unha proposta de infusión curricular. Deste xeito, a educación emocional incorpórase de maneira natural ao traballo na aula.


A iniciativa estruturouse en tres fases. Nun primeiro momento, realizouse unha reflexión inicial a través da rutina “Conversa en papel”, que permitiu explorar ideas previas e abrir un espazo de diálogo. A continuación, desenvolveuse unha fase de investigación cooperativa sobre as emocións, empregando distintas fontes como bibliografía, recursos web e as tarxetas de Samma Sati. Finalmente, o proceso culminou cunha proposta de creación artística: a elaboración de láminas inspiradas na obra de Anna Llenas.


En conxunto, esta experiencia permitiu integrar literatura, arte e educación emocional nunha proposta inclusiva, sensible e profundamente enriquecedora para o alumnado.

Obradoiro de Calambur

alumnado de 3º da ESO participou recentemente nun divertido Obradoiro de Calambur, unha actividade na que xogamos coa lingua 🗣️, descubrimos dobres significados 🔍 e deixamos voar a creatividade.

 A través dos xogos de palabras, comprobamos que:
• a lingua pode sorprendernos 
• podemos expresarnos de formas moi diferentes 💡
• e tamén… pasalo ben aprendendo! 

👏 Parabéns ao alumnado polo seu traballo e pola súa imaxinación 💭🌟









📖 Seguimos perdéndonos nos libros… para atoparnos lendo ❤️


martes, 21 de abril de 2026

Atópate na biblioteca “viva”

 Dentro da programación da XIII edición do Festival do Libro, hoxe tivemos a sorte de gozar dunha actividade moi especial levada a cabo polo alumnado de 3º e 4º da ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía.


Baixo o título “Atópate na biblioteca viva”, o alumnado converteuse en auténticos “libros de ciencias” vivos. Organizados por grupos, seleccionaron diferentes temas de interese e elaboraron materiais cos que explicar, dun xeito claro e atractivo, as ideas básicas de cada un deles.













Entre os temas traballados atopamos:


  • O corazón
  • O esqueleto
  • O sistema solar
  • A túa dieta
  • O ollo
  • A sangue
  • As bacterias
  • Os fósiles
  • As hormonas
  • O cerebro


O resultado foi unha pequena exposición na que compartiron o seu coñecemento co alumnado doutros cursos, fomentando así a aprendizaxe colaborativa e a divulgación científica. Foi unha experiencia enriquecedora tanto para quen explicaba como para quen escoitaba, demostrando que aprender tamén pode ser dinámico, creativo e moi participativo.

O meu mapa lector

 Antes do festival, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou na creación dun mural colectivo titulado:

🗺️ “O meu mapa lector: os libros onde me perdín”


Cada estudante completou a súa ficha persoal, reflexionando sobre as súas lecturas:

📖 o primeiro libro importante

💭 un libro que lles fixo pensar

😂 un libro que lles fixo rir

🌟 e outros momentos lectores especiais


Con todas estas achegas construímos un mural cheo de experiencias, emocións e historias que nos acompañan e nos fan medrar.





domingo, 19 de abril de 2026

Proxecto “Falsos Amigos”

 "O alumnado de 1º da ESO está a traballar no proxecto interdisciplinar “Falsos Amigos”, no que participan as materias de competencia plurilingúe. Nesta ocasión, centraron a súa investigación nos curiosos falsos amigos entre o galego e o castelán, descubrindo palabras que parecen iguais pero agochan significados ben distintos.


Como resultado deste traballo, están a preparar unha exposición na que nos presentarán que non todo o que parece igual… significa o mesmo!

 Moi pronto poderemos gozar das súas creacións e sorprendernos coas súas descubertas!"

 

viernes, 17 de abril de 2026

martes, 14 de abril de 2026

Faux amis: descubrindo os falsos amigos entre linguas

 O alumnado de 1º e 2º da ESO levou a cabo unha actividade tan creativa como enriquecedora: Faux amis (falsos amigos). A través deste proxecto, os rapaces e rapazas exploraron esas palabras traizoeiras que, aínda que se parecen entre si en español, inglés e francés, teñen significados moi diferentes.







O resultado deste traballo foi a elaboración dun mural colaborativo no que recolleron exemplos, explicacións e curiosidades lingüísticas. Pero non quedaron aí: ademais, serán os encargados de expoñelos durante os tres días que durará a décimo terceira edición do festival do libro a próxima semana.


Esta actividade non só serviu para mellorar a súa competencia lingüística en linguas estranxeiras, senón tamén para reflexionar sobre a riqueza e complexidade da linguaxe.


Parabéns a todos e todas polo voso traballo, esforzo e entusiasmo! Sen dúbida, será unha exposición moi interesante para todas as persoas visitantes do festival.

Rolda, atopa a resposta: Xogando coas linguas

  O  alumnado dos tres primeiros cursos de Educación Primaria presenta o proxecto “Rolda, Atopa Resposta” , unha proposta na que investigaro...