miércoles, 22 de abril de 2026

Encontro con Carmen Ropero

 Hoxe vivimos un momento especialmente significativo na décimo terceira edición do Festival do Libro do noso colexio.











Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Carmen Ropero, mestra xubilada e poetisa, por ofrecernos unha charla tan inspiradora. As súas palabras non só emocionaron, senón que tamén espertaron a imaxinación do noso alumnado e achegáronlles a poesía dun xeito próximo e profundo.

Foi un verdadeiro privilexio contar coa súa presenza e escoitar como comparte a súa paixón, a súa sensibilidade e o seu amor pola literatura. Sen dúbida, a súa intervención deixou unha pegada moi especial en todas as persoas asistentes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Rolda, atopa a resposta: Xogando coas linguas

  O  alumnado dos tres primeiros cursos de Educación Primaria presenta o proxecto “Rolda, Atopa Resposta” , unha proposta na que investigaro...