jueves, 23 de abril de 2026

Entre páxinas e emocións

Entre páxinas e emocións é unha proposta desenvolvida no marco do XVIII Festival do Libro co obxectivo de achegar o alumnado ao coñecemento, comprensión e expresión das emocións. Para iso, combínanse a lectura, a reflexión compartida e a creación artística, dando lugar a unha experiencia educativa rica e significativa.












O proxecto foi impulsado polo Departamento de Orientación, a mestra de Pedagoxía Terapéutica (PT)da aula de Unidade de Educación Especial (UEE) e o profesor de EPVA de 3º da ESO, integrándose nesta materia como unha proposta de infusión curricular. Deste xeito, a educación emocional incorpórase de maneira natural ao traballo na aula.


A iniciativa estruturouse en tres fases. Nun primeiro momento, realizouse unha reflexión inicial a través da rutina “Conversa en papel”, que permitiu explorar ideas previas e abrir un espazo de diálogo. A continuación, desenvolveuse unha fase de investigación cooperativa sobre as emocións, empregando distintas fontes como bibliografía, recursos web e as tarxetas de Samma Sati. Finalmente, o proceso culminou cunha proposta de creación artística: a elaboración de láminas inspiradas na obra de Anna Llenas.


En conxunto, esta experiencia permitiu integrar literatura, arte e educación emocional nunha proposta inclusiva, sensible e profundamente enriquecedora para o alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Rolda, atopa a resposta: Xogando coas linguas

  O  alumnado dos tres primeiros cursos de Educación Primaria presenta o proxecto “Rolda, Atopa Resposta” , unha proposta na que investigaro...