martes, 14 de abril de 2026

Faux amis: descubrindo os falsos amigos entre linguas

 O alumnado de 1º e 2º da ESO levou a cabo unha actividade tan creativa como enriquecedora: Faux amis (falsos amigos). A través deste proxecto, os rapaces e rapazas exploraron esas palabras traizoeiras que, aínda que se parecen entre si en español, inglés e francés, teñen significados moi diferentes.







O resultado deste traballo foi a elaboración dun mural colaborativo no que recolleron exemplos, explicacións e curiosidades lingüísticas. Pero non quedaron aí: ademais, serán os encargados de expoñelos durante os tres días que durará a décimo terceira edición do festival do libro a próxima semana.


Esta actividade non só serviu para mellorar a súa competencia lingüística en linguas estranxeiras, senón tamén para reflexionar sobre a riqueza e complexidade da linguaxe.


Parabéns a todos e todas polo voso traballo, esforzo e entusiasmo! Sen dúbida, será unha exposición moi interesante para todas as persoas visitantes do festival.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Rolda, atopa a resposta: Xogando coas linguas

  O  alumnado dos tres primeiros cursos de Educación Primaria presenta o proxecto “Rolda, Atopa Resposta” , unha proposta na que investigaro...