Queremos compartir convosco o resultado dun fermoso proxecto no que o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria estivo traballando durante as últimas semanas.
Como podedes ver nas imaxes, o noso gran mural do Día do Libro rende homenaxe a unha historia que nos conquistou desde o primeiro momento: A historia interminable.
A través deste mural, quixemos plasmar a esencia da viaxe de Bastian e Atreyu, recreando as paisaxes e os personaxes que fomos descubrindo ao longo do camiño. Cada detalle reflicte o traballo, a creatividade e a ilusión do alumnado, que soubo mergullarse nesta aventura única.
Encántanos ver como fixeron súa esta historia tan especial. Convidámosvos a deterdesvos en cada recuncho do mural e a gozar do resultado dun traballo feito con moito agarimo e cheo de todas esas aventuras que vivimos entre páxinas.









No hay comentarios:
Publicar un comentario