"O alumnado de 1º da ESO está a traballar no proxecto interdisciplinar “Falsos Amigos”, no que participan as materias de competencia plurilingúe. Nesta ocasión, centraron a súa investigación nos curiosos falsos amigos entre o galego e o castelán, descubrindo palabras que parecen iguais pero agochan significados ben distintos.
Como resultado deste traballo, están a preparar unha exposición na que nos presentarán que non todo o que parece igual… significa o mesmo!
Moi pronto poderemos gozar das súas creacións e sorprendernos coas súas descubertas!"


No hay comentarios:
Publicar un comentario